Furafollas leva máis de vinte anos facendo teatro galego en Barcelona. Entre as nosas montaxes podemos destacar:
a) “Circo na Rúa” (produción propia). Espectáculo para público de entre 2 a 90 anos
b) “A máquina do Sr. Malagaita” (produción propia). Espectáculo antibelicista para cativos e adultos acompañados.
c) “Estrema” (de Raúl Dans). Drama rural ambientado no agro galego. Unhas terras que se venden e unha pedra que sinala a demarcación en venda. Unha pedra que sinala tamén os niveis de tolerancia humana.
d) “Don Chapapote” (produción propia). Don Chapapote é o dono de todo o chapapote das praias de Galicia e de todo o mundo pero ten medo de que o seu antigo amigo americano George Bush lle faga un ataque preventivo para roubarlle o seu prezado alcatrán.
e) “Qui mou el mon?” (produción propia). Unha denuncia aos abusos económicos sobre os países subdesenvolvidos e á globalización baseada no rendemento do capital.
f) “¡¡Llasforafu!!” (produción propia). Unha explicación alternativa da creación do mundo.
g) “Troleiros da Provença” (produción propia). Unha encrucillada de xentes que aman os contos e que queren contar e escoitar historias recuperadas da noite dos tempos.
h) “Revolução” (2009) (produción propia). Percorrido polas principais revolucións da historia da humanidade dende o particular prisma de Furafollas Agrupación Teatral.
Deixar unha resposta