E agora pasa un tren

Roberto é un neno namorado dos trens eléctricos que, aos poucos, o seu pai lle vai traendo da capital. Os pais déronlle un cuarto para que arme alí o seu mini-mundo ferroviario. E alí o ten, é o Liliput do cuarto de riba. Como acaba Roberto e os seus trens? O Estrella de Galicia foi… Seguir lendo →

Vídeos da 1ª Merenda cos Furafollas

A primeira Merenda cos Furafollas foi todo un éxito! Comimos, cantamos, contamos contos, recitamos poemas e sobre todo pasámolo moi ben. Se queres ver os vídeos da 1ª Merenda cos Furafollas non tes máis que premer nas imaxes de abaixo:

Memorias dun neno labrego

Ensaio xeral da adaptación teatral do libro de Neira Vilas “Memoria dun neno labrego”, interpretada por Daniel Blanco no Centro Galego de Barcelona, o 2 de xullo de 2010.

Ao galego polo teatro

Outro artigo sobre Furafollas en  La voz de Galicia (15 de xuño de 2010) Galegos, africanos, cataláns e amantes da escena e das artes plásticas únense nos Furafollas para promocionar as culturas galega e catalá desde 1997 Ana Escourido, actriz e filóloga en Cataluña, saíu a escena no Centro Galego de Barcelona como parte do… Seguir lendo →

A memoria dun galego en Mauthausen

Segundo os arquivos da Gestapo polo campo de concentración de Mauthausen pasaron 179 presos galegos e só 71 se sabe que sobreviviron. Un historiador recupera a memoria dun destes presos que sobreviviron, Abeliano García, natural de Maio Pequeno (Liñaio) en Negreira. Este pesonaxe foi detido polas forza alemanas en 1940, recluído en Fallingbostel, actual estado… Seguir lendo →

VERSOLABIO e MERENDA

Que é Furafollas? Dis mentres cravas na miña pupila a túa pupila azul Que é Furafollas? E vasmo preguntar ti? Furafollas es ti Mañá venres 14 de maio poderás gozar dunha tarde de poesia, narración oral e gastronomía, cos grupos  Taula Kabish e Furafollas Agrupació Teatral. Actividade incluída na Barcelona poesía Venres 14 de maio,… Seguir lendo →

Iconografía sobre Uxío Novoneyra

Apuntade nas vosas axendas a vindeira actuación de Furafollas Agrupación Teatral. Achégase o Día das Letras Galegas e como non podía ser doutro xeito, Furafollas coorganiza un acto de homenaxe a Uxío Novoneyra, poeta ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano. Un verdadeiro percorrido pola vida e obra do poeta,… Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑