Actividades 2008-2009

Chegaron as vacacións de verán!! E agora toca facer balance das actividades que fixemos ao longo deste ano. Que non son poucas! a) Tres representacións teatrais b) Colaboracións con diversas entidades (Centro Galego de Barcelona, AIET, La Xina A.R.T., Defensem la llengua gallega, Espai Jove Boca Nord, Amics de les Arts de Terrassa) c) Organización… Seguir lendo →

As galegoescolas

Performance de Furafollas Agrupación Teatral na concentración organizada, por Defensem la llengua gallega, o 17 de maio de 2009 nas Rambles de Barcelona. Ironizábase sobre os posibles cambios que poderían sufrir as “galegoescolas”, hoxe xa desaparecidas na oferta educativa galega.

Paremos o decretazo do PP contra o galego

Presentación en Barcelona do libro 55 mentiras sobre a lingua galega o vindeiro venres 5 de febreiro ás 20:30 no Centro Galego de Barcelona, co apoio de entidades galego-catalanas. A plataforma Prolingua, en colaboración coa plataforma Defensem la llengua gallega, organiza en Barcelona un acto co que pretende demostrar o seu rexeitamento á implantación dun… Seguir lendo →

Continuamos revolucionando a cidade

Apuntade xa na vosa axenda a vindeira actuación de Furafollas Agrupación Teatral: 21 de novembro ás 18:30h na Tecla Sala de Hospitalet Primeiro, Lito Caramés presentará o seu libro de contos E agora pasa un tren… , coa participación de Carmela González, Helena González e Anxo Baranga. E a continuación, Furafollas representará por última vez… Seguir lendo →

Revolução Returns!

Achégase o momento da nosa “Revolução” Unha obra que non te deixará indiferente, na que falaremos das distintas revolucións que foron determinantes na evolución da Historia, pero vistas dende o particular prisma de Furafollas Agrupación Teatral. Queredes un anticipo? Mirade o noso trailer… Lugar: Espai Jove Boca Nord (Agudells, 37-45, Barcelona) Día: 23 de outubro… Seguir lendo →

Marató de contes de Hospitalet

Do 20 ao 23 de outubro desenvolverase unha nova edición da “Marató de contes” nas bibliotecas de Hospitalet  (Barcelona). Este ano o tema sobre o que deberán elaborarse os contos é o xénero musical do Blues. Aquí tedes a ficha para podervos inscribir como participantes.

Guateque Anos 60

Es adicto ás películas de Marisol? Cando escoitas “Eva María se fué…” non podes evitar bailar? Es unha chica ye-ye? (ou chico ye-ye?) Consideras que los chicos con las chicas tienen que estar? A túa máxima aspiración é ser o dono dunha vasoira? Emociónaste sempre ao final do verán? Pérdeste buscando no baúl dos recordos?… Seguir lendo →

Performance poético-erótica

O próximo domingo aflorará o lado feminino dos Furafollas. escoita, ole, mira, toca e saborea Propoñémosche un menú sensual que deleitará todos os teus sentidos. Tres grandes Furafollas (Eva, Alba e Ana) interpretarán textos poéticos de Eva doRoxo con agradables sorpresas que farán que non queiras escapar do lado erótico da vida. En directo, a… Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑