Fronteira (tráiler)

Convidámosvos a asistir á nosa próxima obra (Fronteira) o vindeiro 16 de febreiro de 2020 no Ateneu Roig. Unha obra de Vanesa Sotelo, adaptada polo noso director Raúl Ruiz Serna. Deixámosvos o tráiler da obra.

Vídeos da 1ª Merenda cos Furafollas

A primeira Merenda cos Furafollas foi todo un éxito!

Comimos, cantamos, contamos contos, recitamos poemas e sobre todo pasámolo moi ben.

Se queres ver os vídeos da 1ª Merenda cos Furafollas non tes máis que premer nas imaxes de abaixo:

Hª dun canteiro

Memoria Raval

Taula Kabish

Pablo Neruda

55 mentiras galego

Gandarela

Oso panda

Memorias dun neno labrego

Ensaio xeral da adaptación teatral do libro de Neira Vilas “Memoria dun neno labrego”, interpretada por Daniel Blanco no Centro Galego de Barcelona, o 2 de xullo de 2010.

Obradoiros de teatro en Córgomo

O grupo “Pista Catro” levou a cabo uns obradoiros de circo no ano 2008. Dentro da programación das Xornadas teatrais de Córgomo, organizadas por Furafollas Agrupación Teatral. Podedes ver agora un vídeo resume:

As galegoescolas

Performance de Furafollas Agrupación Teatral na concentración organizada, por Defensem la llengua gallega, o 17 de maio de 2009 nas Rambles de Barcelona. Ironizábase sobre os posibles cambios que poderían sufrir as “galegoescolas”, hoxe xa desaparecidas na oferta educativa galega.

Video resume Revolução

“Revolução” é unha homenaxe de Furafollas á Revolução dos cravos de Portugal, exemplo de como facer unha revolución sen pegar un tiro e cambiar as estructuras sociais dun pais.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑