Un ano máis Furafollas Agrupación Teatral colabora co festival de narración oral un Munt de Mots.
Nesta ocasión presentamos a obra “Movendo os marcos”, un espectáculo protagonizado por Blanca Cotado e Anxo Baranga e que se representou en varios lugares de Galiza durante o pasado verán cun gran éxito de participación e crítica.
É preciso facer inscrición previa nesta ligazón: https://bit.ly/movendomarcos ou escaneando o código QR que aparece no cartaz.
Furafollas Agrupación Teatral comeza a tempada cunha xornada de portas abertas.
Non será exactamente unha actuación, senón máis ben unha festa na que atoparse, e onde haberá ocasión para falar do grupo, da súa historia, da súa maneira de crear. E, dende logo, non faltará a comida e a bebida!
Estades todas convidadas!
E ademais, nesta ocasión os beneficios da billeteira inversa e dalgunhas consumicións adicaranse a sufragar os gastos de compra de material a Biblioteca Sabela Labraña. Furafollas séntese feliz de poder colaborar neste proxecto cultural que homenaxea a vida e obra de Sabela Labraña, un exemplo de loita pola cultura e a lingua galegas, e de compromiso co país.
É preciso facer inscrición previa nesta ligazón: https://ja.cat/DOsJ5 ou escaneando o código QR que aparece no cartaz.
E para acabar esta tempada de contos e cantos, a Taberna Canto conto! volverá abrir por última vez (que non a derradeira) antes do verán. Nesta ocasión en colaboración con ANIN e Bokakalle Colectivo Acción Poética!
E sta sesión adicámola ao movemento LGTBIQ+ en conmemoración do Día Internacional do Orgullo do 28 de xuño.
E como xabedes que estades nunha taberna, poderedes comer e beber algo. Imprescindíbel vir con ganas de pasalo ben.
A sesión terá lugar o próximo 27 de xuño ás 12.30 h no Ateneu Roig.
Novo espectáculo de Furafollas en estreita colaboración con ANIN e tamén con Míriam Dida e Mijael Bello! Desta vez conmemoramos a Revolución democrática de Portugal con diversas actividades de teatro, contos e música.
A sesión terá lugar o próximo 25 de abril (día da Revolución dos Caraveis) ás 12.30 h no Ateneu Roig.
Novo espectáculo de cantos e contos no mes das rebaixas a cargo de Furafollas Agrupación Teatral. Este mes coa participación de Anin. Para garantir as medidas de seguridade da Covid-19, se queres participar no espectáculo, deberás cubrir este formulario. Confirmarémosche deseguido se a túa reserva pode efectuarse.
Furafollas Agrupación Teatral participa no festival Munt de Monts 2020. Para garantir as medidas de seguridade da Covid-19, se queredes participar no espectáculo, deberás enviarnos este formulario. Confirmarémosche deseguido se a túa reserva pode efectuarse.