Furafollas: Portas abertas

Furafollas Agrupación Teatral comeza a tempada cunha xornada de portas abertas.

Non será exactamente unha actuación, senón máis ben unha festa na que atoparse, e onde haberá ocasión para falar do grupo, da súa historia, da súa maneira de crear. E, dende logo, non faltará a comida e a bebida!

Estades todas convidadas!

E ademais, nesta ocasión os beneficios da billeteira inversa e dalgunhas consumicións adicaranse a sufragar os gastos de compra de material a Biblioteca Sabela Labraña. Furafollas séntese feliz de poder colaborar neste proxecto cultural que homenaxea a vida e obra de Sabela Labraña, un exemplo de loita pola cultura e a lingua galegas, e de compromiso co país.

É preciso facer inscrición previa nesta ligazón: https://ja.cat/DOsJ5 ou escaneando o código QR que aparece no cartaz.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: