Coloquio dos rústicos

Adaptación da obra de Frei Martiño Sarmiento por AUGATEBA, compañía teatral vinculada á universidade que serviu de plataforma para a futura creación de Furafollas Agrupación Teatral.

Iconografía sobre Uxío Novoneyra

Apuntade nas vosas axendas a vindeira actuación de Furafollas Agrupación Teatral.

Achégase o Día das Letras Galegas e como non podía ser doutro xeito, Furafollas coorganiza un acto de homenaxe a Uxío Novoneyra, poeta ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano. Un verdadeiro percorrido pola vida e obra do poeta, nun acto emotivo no que tamén participará o seu fillo.

Sábado, 24 de abril de 2010

Centro Galego de Barcelona, ás 19:30h

Rambla Caputxins 35-37, Barcelona

Furafollas en Polonia

No seguinte vídeo podedes ver a actuación dun dos nosos Furafollas, Xepe, durante a cea-festa organizada tras un curso de esperanto na Universidade Adam Mickiewicz de Poznan (Polonia). A performance tivo lugar o 3 de febreiro de 2010. Realizou, en esperanto, o caracterísitico “conxuro da queimada” galego diante da mirada atenta e sorprendida do profesorado e alumnado asistente.

Escritoras á escena (fotos)

Na última actuación, os membros de Furafollas Agrupación Teatral vestidos de piratas leron e dramatizaron fragmentos da última novela de María Reimóndez, durante unha actividade organizada por varias organizacións de Barcelona, co gallo do día internacional da muller.

Nesta semana engadiremos máis fotos.

Graffiti de María Reimóndez, feito durante a actuación


Escenas da actuación
Fotos da preparación da actuación

Fotos da preparación da actuación

Artigo en El Pais sobre os Furafollas

Neste enlace podedes ler o artigo que saíu publicado hoxe en El Pais sobre Furafollas Agrupación Teatral.

Un adianto:

O bandido (Lito) se acerca a Cores (Alba) empuñando lo que parece una hoz de plástico. Cores pliega sus piernas para recibir el “golpe mortal” de su compañero y cae al suelo fulminada. Mientras, Gripe A (Enric), con un pañuelo de papel en la mano y su nariz teñida de rojo, arranca a toser sobre las caras de Xepe y de Anxo, que comienzan a emitir escandalosos estornudos al tiempo que tambalean sus cuerpos por la estancia. No es ninguna representación teatral. Un set de maquillaje, algunos trapos sacados del caixón dos trebellos y, sobre todo, mucha improvisación les han bastado a los Furafollas para sacar su lado más satírico y posar para la cámara. En unos minutos, el fotógrafo se ve a sí mismo tirado en el suelo y rodeado en una especie de aquelarre por los actores, que dirigen sus caras desfiguradas con gestos imposibles al objetivo. “Hacer reír a la gente y reírnos de nosotros mismos, ése es el espíritu del grupo”, comenta risueño Anxo Baranga (Córgomo- Vilamartín de Valdeorras, 1956), el director y alma máter de Furafollas.

Ler máis

Escritoras a escena

Á abordaxe! As mulleres ao poder!

Por primeira vez na historia do noso grupo de teatro, as mulleres somos maioría!

Por iso non podiamos esquecer o 8 de marzo: día da muller.

Desta vez Furafollas libera o seu lado máis salvaxe coas Bucaneras BucaNord, as verdadeiras piratas do Caribe…digo… Mediterráneo.

Coas súas armas máis eficaces: o riso e a imaxinación, arrasarán na loita de escritoras que o vindeiro 13 de marzo se montará no Parc de les aïgues.

Cada asociación participante tratará de convencer ao público de que a súa escritora homenaxeada é a máis interesante… pero ti, lector/a,  sabes que a mellor é a que nós representamos: a escritora galega María Rei Món 10.

Sábado 13 de marzo
Jardins d’Hiroshima no Parc de les Aïgues
A partir das 12:30h

Alberte Montes “Humor y ya!”

Actuación do noso furafollas máis internacional: Alberte Montes, un tipo normal, agás polo  de falar só e merendar “pancheos” de xamón cocido con nocilla. Polo demais, é un tipo do máis normal… Aínda que neste espectáculo volva dar mostras de todo o contrario.

Co seu estilo desenfadado e explosivo, falaranos de temas propios e  de tod@s. Historias nas que te verás identificado, contadas dende a óptica deste galego-catalán, que descubriu que os Reis eran os pais con tan só 16 anos! Sen dúbida un avanzado ao seu tempo!

Sábados ás 18:00h
Teatre Llantiol
Riereta, 7 – Barcelona
Metro liña 2 (Sant Antoni) e liña 3 (Liceo).

Tosar agradece o premio en galego

Luís Tosar gaña o Goya ao mellor actor principal pola súa interpretación en “Celda 211”. Na gala, ao recibir o premio, diríxese á súa familia e amigos en galego, demostrando como, en palabras do presidente da RAG, “non todo o mundo en Madrid está crispado contra os idiomas”.

Grazas Tosar!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑