E agora pasa un tren

Roberto é un neno namorado dos trens eléctricos que, aos poucos, o seu pai lle vai traendo da capital. Os pais déronlle un cuarto para que arme alí o seu mini-mundo ferroviario. E alí o ten, é o Liliput do cuarto de riba. Como acaba Roberto e os seus trens?
O Estrella de Galicia foi un tren que durante moitos anos carrexou persoas entre Galiza e mais Catalunya. Neses vagóns, nesas longas noites mangados de historias inzaron asentos e conversas.
O libro E agora pasa un tren, de Lito Caramés (BiblosClube) mostra 20 relatos que teñen o tren como protagonista principal, xa de maneira realista, xa unha miga máis fantástica.
O día 9 de decembro de 2010 presentouse o libro no centro cultural da Deputación de Ourense, a carón da COFEPO (Colección Fernández Pacheco Outeiriño), que é a colección de trens a escala máis grande de todas as expostas en Europa.

Vídeos da 1ª Merenda cos Furafollas

A primeira Merenda cos Furafollas foi todo un éxito!

Comimos, cantamos, contamos contos, recitamos poemas e sobre todo pasámolo moi ben.

Se queres ver os vídeos da 1ª Merenda cos Furafollas non tes máis que premer nas imaxes de abaixo:

Hª dun canteiro

Memoria Raval

Taula Kabish

Pablo Neruda

55 mentiras galego

Gandarela

Oso panda

Memorias dun neno labrego

Ensaio xeral da adaptación teatral do libro de Neira Vilas “Memoria dun neno labrego”, interpretada por Daniel Blanco no Centro Galego de Barcelona, o 2 de xullo de 2010.

Ao galego polo teatro

Outro artigo sobre Furafollas en  La voz de Galicia (15 de xuño de 2010)

Galegos, africanos, cataláns e amantes da escena e das artes plásticas únense nos Furafollas para promocionar as culturas galega e catalá desde 1997

Ana Escourido, actriz e filóloga en Cataluña, saíu a escena no Centro Galego de Barcelona como parte do acto en homenaxe ao poeta Uxío Novoneyra que coordinaba a agrupación teatral Furafollas. Ana contou que nos seus tempos de investigadora en Galicia chegou a unha aldea do Courel para estudar os trazos orais do galego desta zona e que lle preguntou a unha anciá: «Perdoe, ¿é isto Formigueiros?». «Será», respondeu a anciá.
Será, será? ¿Como que será? Cen matices da idiosincrasia galega perfilados nunha soa palabra. Aquela anciá retranqueira contoulle a Ana a lenda dunha tal Ilda, que anos máis tarde ela atoparía, escrita por Novoneyra, nunha librería antiga de Santiago? Ou non. Isto é teatro. Furafollas 100%. Galegos e cataláns que escriben, escenifican, contan e fabrican produtos culturais. «Que importa que as historias sexan verdade ou non, ou importante é que haxa xente disposta a escoitalas», di Anxo Baranga, alma máter de Furafollas.

A memoria dun galego en Mauthausen

Segundo os arquivos da Gestapo polo campo de concentración de Mauthausen pasaron 179 presos galegos e só 71 se sabe que sobreviviron. Un historiador recupera a memoria dun destes presos que sobreviviron, Abeliano García, natural de Maio Pequeno (Liñaio) en Negreira. Este pesonaxe foi detido polas forza alemanas en 1940, recluído en Fallingbostel, actual estado da Baixa Saxonia, e logo foi un dos primeiros en chegar ao campo de Mauthausen cunha expedición de 1.506 mozos.

Podedes ler a noticia en El correo gallego

Obradoiros de teatro en Córgomo

O grupo “Pista Catro” levou a cabo uns obradoiros de circo no ano 2008. Dentro da programación das Xornadas teatrais de Córgomo, organizadas por Furafollas Agrupación Teatral. Podedes ver agora un vídeo resume:

Blog en WordPress.com.

Subir ↑