Vén á nosa Revoluçao

Acabou o tempo da Cuaresma, o xaxún e a penitencia, agora toca a Revolução! Primeiro, presentación de Biblos Clube de Lectores coa participación de Tucho Calvo, Alberto Ramos, Berta Dávila, Isia López e Patricia Casas; e a continuación, Furafollas Agrupación Teatral fará un percorrido por algunhas das grandes revolucións na historia da humanidade, cunha homenaxe… Seguir lendo →

Xornadas Culturais de Primavera (Córgomo)

Facendo honor ao noso nome, estamos que non paramos e como ben predicaba Moisés mentres cruzaba as augas do Mar Vermello: “Hai que moverse ou morrer”. A unión non sempre fai a forza, por iso nesta semana os furafollas dispersámonos entre Galiza e Barcelona. O sábado, Tango Maxistral no Centro Galego de Barcelona. En Córgomo… Seguir lendo →

Que facemos?

Furafollas leva máis de vinte anos facendo teatro galego en Barcelona. Entre as nosas montaxes podemos destacar: a) “Circo na Rúa” (produción propia). Espectáculo para público de entre 2 a 90 anos b) “A máquina do Sr. Malagaita” (produción propia). Espectáculo antibelicista para cativos e adultos acompañados. c) “Estrema” (de Raúl Dans). Drama rural ambientado… Seguir lendo →

Cupido está bebido, hip!

Love is in the air… neste mes de febreiro non podían faltar as historias do deus do amor, que con ou sen acerto anda disparando as súas frechas de amor louco. Vénte namorar ao Centro Galego de Barcelona e se xa estás namorado, vén gozar do amor nesta orxía de gargalladas da man dos Furafollas… Seguir lendo →

Tanto gusto!

Queremos que nos coñezades, por iso faremos nesta entrada un percorrido rápido polos membros que agora están en activo no grupo. Na foto se queredes podedes vernos as caras.   Anxo: o director que non é director, pero mandar manda moito Xepe: o secretario, que te sabe idiomas eh!, neno David: o tesoureiro, xa se… Seguir lendo →

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑