Furafollas ameniza o Guateque Anos 60 do Boca Nord

No seguinte vídeo podedes ver algunhas imaxes da participación dos Furafollas no Guateque dos anos 60 que se celebrou o venres 12 de xuño no Espai Jove Boca Nord. Inclúense tamén momentos da nosa preparación.

Contos Xinos

Aquí podedes botarlle un ollo á última actuación dos Furafollas dentro do marco d’O Catalizador. Unha iniciativa do artistaAnxo Barangaque se levou a cabo durante todo o mes de maio enLa Xina A.R.T.

Desta vez, os membros do noso grupo de teatro interpretaron diferentes contos tradicionais chinos ou de propia colleita en diferentes puntos característicos do barrio do Raval en Barcelona.

Contos Xinos na clausura d’O Catalizador

O 30 de maio clausúrase o proxecto d’O Catalizador de Anxo Baranga. Os Furafollas, presentes en boa parte das performances que alí se montaron, non podían faltar na súa clausura deste ano.

Faremos un percorrido polas rúas do Raval contando, recitando e animando, nun espectáculo que denominamos “Contos Xinos”. A ruta comezará puntualmente ás 18:30h no Centro Galego de Barcelona e rematará en La Xina A.R.T., onde haberá outros espectáculos moi interesantes e uns aperitivos finais.

Pero dado o éxito e acollimento entre o público, a experiencia d’O Catalizador será repetida en maio do próximo ano. Agardámosvos!

Algúns vídeos da participación de Furafollas ou membros de Furafollas n’O Catalizador:

Lectura de poemas na rúa Doctor Dou

Patates amb suc

17 de maio: Día das letras galegas

Performance erótico-poética

Performance poético-erótica

O próximo domingo aflorará o lado feminino dos Furafollas.
escoita, ole, mira, toca e saborea

Propoñémosche un menú sensual que deleitará todos os teus sentidos. Tres grandes Furafollas (Eva, Alba e Ana) interpretarán textos poéticos de Eva doRoxo con agradables sorpresas que farán que non queiras escapar do lado erótico da vida. En directo, a pintora Ilaria Sgrigna fará brotar dun lienzo en branco a imaxe plástica do espectáculo.
Dentro do ciclo d’O Catalizador de Anxo Baranga e da Semana da poesía de Barcelona.
24 de maio de 2009 ás 19h
En La Xina A.R.T (c/doctor Dou 4, Barcelona)
e tamén o 26 de maio ás 20:30h

Noticia en Vieiros

Ver vídeos das actuacións:

a) Primeria parte
b) Segunda parte

Furafollas n’O Catalizador

Furafollas Agrupación Teatral participa dentro da montaxe do Catalizador de Anxo Baranga na Xina A.R.T.
Nos seguintes vídeos podedes ver, primeiro, unha parte do ensaio -aberto ao público- feito no local da Xina o pasado venres 8 de maio e, segundo, un fragmento da performance pola rúa Doctor Dou que resultou do ensaio.

Ensaio na Xina A.R.T.

Performance na rúa Doctor Dou

Créditos de Revolução

– Como! Que non viñeches vernos na última actuación que fixemos?
– …
– Contáronche ben, a nosa Revolução foi todo un éxito!

Se queredes ver a proxección que utilizamos ao final da obra, aquí tedes o video, pero seguide atentos a este blogue porque neste mes de maio os Furafollas andamos que non paramos…

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑