“Revolução” é unha homenaxe de Furafollas á Revolução dos cravos de Portugal, exemplo de como facer unha revolución sen pegar un tiro e cambiar as estructuras sociais dun pais.
Continuamos revolucionando a cidade
Apuntade xa na vosa axenda a vindeira actuación de Furafollas Agrupación Teatral:
21 de novembro ás 18:30h na Tecla Sala de Hospitalet
Primeiro, Lito Caramés presentará o seu libro de contos E agora pasa un tren… , coa participación de Carmela González, Helena González e Anxo Baranga. E a continuación, Furafollas representará por última vez Revolução.
Revolução no youtube
Se queredes ver algún fragmento da nosa última representación “Revolução”, tedes a posibilidade de facelo grazas ao youtube. Estes son os enlaces:
Revolución francesa versus bolxevique
Hoxe actuación de Revolução
Un billete de metro ou autobús……….. ……… ……… ……… … 0, 80 cénts
Unha caña na cafetería do Espai Jove Boca Nord……….2 euros
Unha entrada para ver a obra Revolução………… ……… …0 euros
Divertirse e pasar un bo anaco……. ……… ……… ……… Non ten prezo
Hai cousas que non se poden pagar con diñeiro e que só se viven con Furafollas Agrupación Teatral
Agardámosvos!
Revolução – Hoxe, 23 de outubro, ás 21:30 no Espai Jove Boca Nord
Revolução Returns!
Achégase o momento da nosa “Revolução”
Unha obra que non te deixará indiferente, na que falaremos das distintas revolucións que foron determinantes na evolución da Historia, pero vistas dende o particular prisma de Furafollas Agrupación Teatral.
Queredes un anticipo? Mirade o noso trailer…
Lugar: Espai Jove Boca Nord (Agudells, 37-45, Barcelona)
Día: 23 de outubro
Hora: 21:30h
Esperámosvos!!
Créditos de Revolução
– Como! Que non viñeches vernos na última actuación que fixemos?
– …
– Contáronche ben, a nosa Revolução foi todo un éxito!
Se queredes ver a proxección que utilizamos ao final da obra, aquí tedes o video, pero seguide atentos a este blogue porque neste mes de maio os Furafollas andamos que non paramos…
Vén á nosa Revoluçao
Acabou o tempo da Cuaresma, o xaxún e a penitencia,
agora toca a Revolução!
Agardámoste ás 19:30h no CGB
cun caravel nos beizos.
Revoluçâo
Chegou a revolución ao Centro Galego de Barcelona!!
Escoitar Grândola
Unha revolución pacífica, positiva e cultural. Se non, atendede ao plan que temos para o 25 de abril, sempre! (en conmemoración pola Revoluçâo dos cravos de Portugal):
- ás 18:30h, presentación da Editorial Estaleiro
- ás 19:30h, presentación de Biblos Clube
- ás 20:30h, “Revoluçâo” unha obra da autoría de Furafollas Agrupación Teatral (muito recomendável)
E todo dentro das nosas Historias no Raval.