Iconografía sobre Uxío Novoneyra

Apuntade nas vosas axendas a vindeira actuación de Furafollas Agrupación Teatral.

Achégase o Día das Letras Galegas e como non podía ser doutro xeito, Furafollas coorganiza un acto de homenaxe a Uxío Novoneyra, poeta ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano. Un verdadeiro percorrido pola vida e obra do poeta, nun acto emotivo no que tamén participará o seu fillo.

Sábado, 24 de abril de 2010

Centro Galego de Barcelona, ás 19:30h

Rambla Caputxins 35-37, Barcelona

Advertisements

O castelo da lingua galega

Permormance que Furafollas Agrupación Teatral fixo o 17 de maio de 2009 polas Rambles de Barcelona.

As galegoescolas

Performance de Furafollas Agrupación Teatral na concentración organizada, por Defensem la llengua gallega, o 17 de maio de 2009 nas Rambles de Barcelona. Ironizábase sobre os posibles cambios que poderían sufrir as “galegoescolas”, hoxe xa desaparecidas na oferta educativa galega.