Obradoiros de teatro en Córgomo

O grupo “Pista Catro” levou a cabo uns obradoiros de circo no ano 2008. Dentro da programación das Xornadas teatrais de Córgomo, organizadas por Furafollas Agrupación Teatral. Podedes ver agora un vídeo resume:

Advertisements

Lembranzas de Córgomo

Vídeo no que lembramos as xornadas de teatro en Córgomo (Ourense) do ano 2008

Xornadas Culturais de Primavera (Córgomo)

Facendo honor ao noso nome, estamos que non paramos e como ben predicaba Moisés mentres cruzaba as augas do Mar Vermello: “Hai que moverse ou morrer”.

A unión non sempre fai a forza, por iso nesta semana os furafollas dispersámonos entre Galiza e Barcelona. O sábado, Tango Maxistral no Centro Galego de Barcelona. En Córgomo (Valdeorras), Xornadas Culturais de Primavera (do 18 ao 22 de marzo), organizadas pola Asociación Florencio Delgado Gurriarán e Furafollas Agrupación Teatral.

corgomo

O noso enviado super especial, Anxo Baranga, fálanos dalgunhas das actividades que se están facendo:

  • Taller “creación de actores”, atende á expresión oral e corporal, así como á improvisación, movemento e dinámica de grupos.
  • Taller “expresión plástica no teatro”, no que se realizan actividades de escenografía e creación de máscaras.
  • Roteiro poético Florencio Delgado Gurriarán
  • Excursión pola toponimia
  • Folión de Trives, festa polas rúas de Córgomo
  • E varias representacións teatrais