Memorias dun neno labrego

Ensaio xeral da adaptación teatral do libro de Neira Vilas “Memoria dun neno labrego”, interpretada por Daniel Blanco no Centro Galego de Barcelona, o 2 de xullo de 2010.

VERSOLABIO e MERENDA

Que é Furafollas? Dis mentres cravas

na miña pupila a túa pupila azul

Que é Furafollas? E vasmo preguntar ti?

Furafollas es ti

Mañá venres 14 de maio poderás gozar dunha tarde de poesia, narración oral e gastronomía, cos grupos  Taula Kabish e Furafollas Agrupació Teatral. Actividade incluída na Barcelona poesía

Venres 14 de maio, ás 19:30h

Centro Galego de Barcelona

Rambla Caputxins 35-37, Barcelona

Alberte Montes “Humor y ya!”

Actuación do noso furafollas máis internacional: Alberte Montes, un tipo normal, agás polo  de falar só e merendar “pancheos” de xamón cocido con nocilla. Polo demais, é un tipo do máis normal… Aínda que neste espectáculo volva dar mostras de todo o contrario.

Co seu estilo desenfadado e explosivo, falaranos de temas propios e  de tod@s. Historias nas que te verás identificado, contadas dende a óptica deste galego-catalán, que descubriu que os Reis eran os pais con tan só 16 anos! Sen dúbida un avanzado ao seu tempo!

Sábados ás 18:00h
Teatre Llantiol
Riereta, 7 – Barcelona
Metro liña 2 (Sant Antoni) e liña 3 (Liceo).

Gústanche os contos?

“La casa de los cuentos” propón para a segunda quincena de outubro unha serie de actividades para amantes dos contos de diversos estilos. Poderás asistir a espectáculos de grandes contistas e mesmo inscribirte nun taller de narración oral.

Se queres botarlle un ollo ao programa, pincha na seguinte ligazón

Contos Xinos

Aquí podedes botarlle un ollo á última actuación dos Furafollas dentro do marco d’O Catalizador. Unha iniciativa do artistaAnxo Barangaque se levou a cabo durante todo o mes de maio enLa Xina A.R.T.

Desta vez, os membros do noso grupo de teatro interpretaron diferentes contos tradicionais chinos ou de propia colleita en diferentes puntos característicos do barrio do Raval en Barcelona.

Contos Xinos na clausura d’O Catalizador

O 30 de maio clausúrase o proxecto d’O Catalizador de Anxo Baranga. Os Furafollas, presentes en boa parte das performances que alí se montaron, non podían faltar na súa clausura deste ano.

Faremos un percorrido polas rúas do Raval contando, recitando e animando, nun espectáculo que denominamos “Contos Xinos”. A ruta comezará puntualmente ás 18:30h no Centro Galego de Barcelona e rematará en La Xina A.R.T., onde haberá outros espectáculos moi interesantes e uns aperitivos finais.

Pero dado o éxito e acollimento entre o público, a experiencia d’O Catalizador será repetida en maio do próximo ano. Agardámosvos!

Algúns vídeos da participación de Furafollas ou membros de Furafollas n’O Catalizador:

Lectura de poemas na rúa Doctor Dou

Patates amb suc

17 de maio: Día das letras galegas

Performance erótico-poética

Blog en WordPress.com.

Subir ↑