Furafollas na Barcelona Poesia

Como vén sendo habitual nos últimos anos, Furafollas participa na semana de poesía que organiza o Ajuntament de Barcelona. Todas as actividades faranse no CGB (www.cgb.cat).

Programa:

día 11

“Poesia Eslava” ( http://www.casaeslava.cat/ ), 19:30h

día 12

Taula kabish ( http://taulakabish.blogspot.com/ ), 19:30h

día 13

Lectura dramatizada de “MEMORIA DO INCENDIO” (http://www.youtube.com/watch?v=7y5MqQM8iko ), 19:30h

día 14

“POESIA I CIUTATS” (CATALIZADOR POÉTICO) Taula Kabish (http://taulakabish.blogspot.com/ ), 19:30h

día 15

“Poesías polas Esquinas”: Ruta Poética polo Raval, 12h (saída no CGB)

día 17

“Con P de Poesía” Pessoa, Pexegueiro e Pereiro (homenaxe ao Día das Letras Galegas), 17h

Manifesto: Queremos Galego (Convocatoria de mobilización expansiva despois da actuación anterior).

Advertisements

Contos Xinos

Aquí podedes botarlle un ollo á última actuación dos Furafollas dentro do marco d’O Catalizador. Unha iniciativa do artistaAnxo Barangaque se levou a cabo durante todo o mes de maio enLa Xina A.R.T.

Desta vez, os membros do noso grupo de teatro interpretaron diferentes contos tradicionais chinos ou de propia colleita en diferentes puntos característicos do barrio do Raval en Barcelona.

Contos Xinos na clausura d’O Catalizador

O 30 de maio clausúrase o proxecto d’O Catalizador de Anxo Baranga. Os Furafollas, presentes en boa parte das performances que alí se montaron, non podían faltar na súa clausura deste ano.

Faremos un percorrido polas rúas do Raval contando, recitando e animando, nun espectáculo que denominamos “Contos Xinos”. A ruta comezará puntualmente ás 18:30h no Centro Galego de Barcelona e rematará en La Xina A.R.T., onde haberá outros espectáculos moi interesantes e uns aperitivos finais.

Pero dado o éxito e acollimento entre o público, a experiencia d’O Catalizador será repetida en maio do próximo ano. Agardámosvos!

Algúns vídeos da participación de Furafollas ou membros de Furafollas n’O Catalizador:

Lectura de poemas na rúa Doctor Dou

Patates amb suc

17 de maio: Día das letras galegas

Performance erótico-poética

Furafollas n’O Catalizador

Furafollas Agrupación Teatral participa dentro da montaxe do Catalizador de Anxo Baranga na Xina A.R.T.
Nos seguintes vídeos podedes ver, primeiro, unha parte do ensaio -aberto ao público- feito no local da Xina o pasado venres 8 de maio e, segundo, un fragmento da performance pola rúa Doctor Dou que resultou do ensaio.

Ensaio na Xina A.R.T.

Performance na rúa Doctor Dou

Estrea d’O Catalizador

Este xoves día 30 de abril inaugúrase O Catalizador ás 19:30h en La Xina Art coa participación de Furafollas Agrupación Teatral. O Catalizador pretende ser “un punto de encontro de diferentes creacións, etnias e sensibilidades do Raval”, de feito, este é o barrio de Barcelona onde conviven un maior número de linguas e culturas diferentes.
O grupo teatral contribuirá neste primeiro día coa lectura dramatizada de poemas en galego, catalán, español e esperanto; porén a súa participación non queda aí, senón que será habitual durante todo o mes de maio.
Para consultar o programa aquí