Un altre món és posible

Vídeo da participación de Furafollas Agrupación Teatral na AcampadaBCN

Advertisements

Castell del capitalisme (continuamos)

Seguimos representando a nosa performance por Plaça Catalunya.

Queres ver algunhas fotos? Preme nas miniaturas de abaixo

Castell del capitalisme

Grazas, Furafollas, polo compromiso, pola rabia feita teatro, pola esperanza brutal nun futuro mellor neste día de indignación extrema. Que ninguén que saiba falar, siga calado. Delito de silencio.

Sábado 28 de maio ás 11,30 h. na Rambla do Raval continúan os ensaios-actuacións do “Castelo do Capitalismo (KaKa)”, depois iremos ata a plaça dels Àngels, e a continuación na plaça de Catalunya / de la Dignitat.

Furafollas Indignad@s

Furafollas Agrupación Teatral apoia sen fisuras este gran movemento de indignación e renovación democrática, e pregúntase:

Quen move os fíos do capitalismo global?

Que papel ten a clase media?

Que está pasando nas prazas con tanta multitude indignada?

Este venres día 27 de maio ás 18h en Plaça Catalunya ensaio aberto e público para preparar a performancia “El Castell del Capitalisme”, o si ho preferiu “Qui mou el món?”

Escritoras á escena (fotos)

Na última actuación, os membros de Furafollas Agrupación Teatral vestidos de piratas leron e dramatizaron fragmentos da última novela de María Reimóndez, durante unha actividade organizada por varias organizacións de Barcelona, co gallo do día internacional da muller.

Nesta semana engadiremos máis fotos.

Graffiti de María Reimóndez, feito durante a actuación


Escenas da actuación

Fotos da preparación da actuación

Fotos da preparación da actuación

Escritoras a escena

Á abordaxe! As mulleres ao poder!

Por primeira vez na historia do noso grupo de teatro, as mulleres somos maioría!

Por iso non podiamos esquecer o 8 de marzo: día da muller.

Desta vez Furafollas libera o seu lado máis salvaxe coas Bucaneras BucaNord, as verdadeiras piratas do Caribe…digo… Mediterráneo.

Coas súas armas máis eficaces: o riso e a imaxinación, arrasarán na loita de escritoras que o vindeiro 13 de marzo se montará no Parc de les aïgues.

Cada asociación participante tratará de convencer ao público de que a súa escritora homenaxeada é a máis interesante… pero ti, lector/a,  sabes que a mellor é a que nós representamos: a escritora galega María Rei Món 10.

Sábado 13 de marzo
Jardins d’Hiroshima no Parc de les Aïgues
A partir das 12:30h

As galegoescolas

Performance de Furafollas Agrupación Teatral na concentración organizada, por Defensem la llengua gallega, o 17 de maio de 2009 nas Rambles de Barcelona. Ironizábase sobre os posibles cambios que poderían sufrir as “galegoescolas”, hoxe xa desaparecidas na oferta educativa galega.