Canto conto! Rebaixas

Novo espectáculo de cantos e contos no mes das rebaixas a cargo de Furafollas Agrupación Teatral. Este mes coa participación de Anin. Para garantir as medidas de seguridade da Covid-19, se queres participar no espectáculo, deberás cubrir este formulario. Confirmarémosche deseguido se a túa reserva pode efectuarse.

Canto conto!

Furafollas Agrupación Teatral participa no festival Munt de Monts 2020. Para garantir as medidas de seguridade da Covid-19, se queredes participar no espectáculo, deberás enviarnos este formulario. Confirmarémosche deseguido se a túa reserva pode efectuarse.

Furafollas na Barcelona Poesia

Como vén sendo habitual nos últimos anos, Furafollas participa na semana de poesía que organiza o Ajuntament de Barcelona. Todas as actividades faranse no CGB (www.cgb.cat).

Programa:

día 11
“Poesia Eslava”, 19:30 h
día 12
Taula kabish, 19:30 h
día 13
Lectura dramatizada de “MEMORIA DO INCENDIO” por Furafollas, 19:30 h
día 14
“POESIA I CIUTATS” (CATALIZADOR POÉTICO) Taula Kabish, 19:30 h
día 15
“Poesías polas Esquinas”: Ruta poética polo Raval, 12 h (saída no CGB)
día 17
“Con P de Poesía” Pessoa, Pexegueiro e Pereiro (homenaxe ao Día das Letras Galegas), 17 h
Manifesto: Queremos Galego (convocatoria de mobilización expansiva despois da actuación anterior).

 

Memorias dun neno labrego

Ensaio xeral da adaptación teatral do libro de Neira Vilas “Memoria dun neno labrego”, interpretada por Daniel Blanco no Centro Galego de Barcelona, o 2 de xullo de 2010.

Iconografía sobre Uxío Novoneyra

Apuntade nas vosas axendas a vindeira actuación de Furafollas Agrupación Teatral.

Achégase o Día das Letras Galegas e como non podía ser doutro xeito, Furafollas coorganiza un acto de homenaxe a Uxío Novoneyra, poeta ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano. Un verdadeiro percorrido pola vida e obra do poeta, nun acto emotivo no que tamén participará o seu fillo.

Sábado, 24 de abril de 2010

Centro Galego de Barcelona, ás 19:30h

Rambla Caputxins 35-37, Barcelona

Furafollas en Polonia

No seguinte vídeo podedes ver a actuación dun dos nosos Furafollas, Xepe, durante a cea-festa organizada tras un curso de esperanto na Universidade Adam Mickiewicz de Poznan (Polonia). A performance tivo lugar o 3 de febreiro de 2010. Realizou, en esperanto, o caracterísitico “conxuro da queimada” galego diante da mirada atenta e sorprendida do profesorado e alumnado asistente.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑