Roberto é un neno namorado dos trens eléctricos que, aos poucos, o seu pai lle vai traendo da capital. Os pais déronlle un cuarto para que arme alí o seu mini-mundo ferroviario. E alí o ten, é o Liliput do cuarto de riba. Como acaba Roberto e os seus trens?
O Estrella de Galicia foi un tren que durante moitos anos carrexou persoas entre Galiza e mais Catalunya. Neses vagóns, nesas longas noites mangados de historias inzaron asentos e conversas.
O libro E agora pasa un tren, de Lito Caramés (BiblosClube) mostra 20 relatos que teñen o tren como protagonista principal, xa de maneira realista, xa unha miga máis fantástica.
O día 9 de decembro de 2010 presentouse o libro no centro cultural da Deputación de Ourense, a carón da COFEPO (Colección Fernández Pacheco Outeiriño), que é a colección de trens a escala máis grande de todas as expostas en Europa.
Vídeos da 1ª Merenda cos Furafollas
A primeira Merenda cos Furafollas foi todo un éxito!
Comimos, cantamos, contamos contos, recitamos poemas e sobre todo pasámolo moi ben.
Se queres ver os vídeos da 1ª Merenda cos Furafollas non tes máis que premer nas imaxes de abaixo:
Versión teatral de “Minia”
Versión teatral (reducida e libre) da obra de Minia de Lugrís Freire, interpretada o 2 de xullo de 2010 por Anxo Baranga no Centro Galego de Barcelona.
VERSOLABIO e MERENDA
Que é Furafollas? Dis mentres cravas
na miña pupila a túa pupila azul
Que é Furafollas? E vasmo preguntar ti?
Furafollas es ti
Mañá venres 14 de maio poderás gozar dunha tarde de poesia, narración oral e gastronomía, cos grupos Taula Kabish e Furafollas Agrupació Teatral. Actividade incluída na Barcelona poesía
Venres 14 de maio, ás 19:30h
Centro Galego de Barcelona
Iconografía sobre Uxío Novoneyra
Apuntade nas vosas axendas a vindeira actuación de Furafollas Agrupación Teatral.
Achégase o Día das Letras Galegas e como non podía ser doutro xeito, Furafollas coorganiza un acto de homenaxe a Uxío Novoneyra, poeta ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas deste ano. Un verdadeiro percorrido pola vida e obra do poeta, nun acto emotivo no que tamén participará o seu fillo.
Sábado, 24 de abril de 2010
Centro Galego de Barcelona, ás 19:30h
Rambla Caputxins 35-37, Barcelona
Furafollas en Polonia
No seguinte vídeo podedes ver a actuación dun dos nosos Furafollas, Xepe, durante a cea-festa organizada tras un curso de esperanto na Universidade Adam Mickiewicz de Poznan (Polonia). A performance tivo lugar o 3 de febreiro de 2010. Realizou, en esperanto, o caracterísitico “conxuro da queimada” galego diante da mirada atenta e sorprendida do profesorado e alumnado asistente.
Escritoras á escena (fotos)
Na última actuación, os membros de Furafollas Agrupación Teatral vestidos de piratas leron e dramatizaron fragmentos da última novela de María Reimóndez, durante unha actividade organizada por varias organizacións de Barcelona, co gallo do día internacional da muller.
Nesta semana engadiremos máis fotos.
Graffiti de María Reimóndez, feito durante a actuación


Fotos da preparación da actuación