As galegoescolas

Performance de Furafollas Agrupación Teatral na concentración organizada, por Defensem la llengua gallega, o 17 de maio de 2009 nas Rambles de Barcelona. Ironizábase sobre os posibles cambios que poderían sufrir as “galegoescolas”, hoxe xa desaparecidas na oferta educativa galega.

Video resume Revolução

“Revolução” é unha homenaxe de Furafollas á Revolução dos cravos de Portugal, exemplo de como facer unha revolución sen pegar un tiro e cambiar as estructuras sociais dun pais.

Actividades 2008-2009

Chegaron as vacacións de verán!! E agora toca facer balance das actividades que fixemos ao longo deste ano. Que non son poucas!
a) Tres representacións teatrais
b) Colaboracións con diversas entidades (Centro Galego de Barcelona, AIET, La Xina A.R.T., Defensem la llengua gallega, Espai Jove Boca Nord, Amics de les Arts de Terrassa)
c) Organización de ciclos e xornadas teatrais nas que actuaron importantes artistas como Quico Cadaval ou Mofa & Befa.

Mirade os carteis das nosas actuacións:

Tanto gusto!

Queremos que nos coñezades, por iso faremos nesta entrada un percorrido rápido polos membros que agora están en activo no grupo. Na foto se queredes podedes vernos as caras.

Furafollas

 

Anxo: o director que non é director, pero mandar manda moito

Xepe: o secretario, que te sabe idiomas eh!, neno

David: o tesoureiro, xa se lle ven na foto as gañas que ten de saír correndo cos cartos berrando “flipín!”

Lito: famoso pola frase “Masturbémonos tod@s. Palabra de Kinsey”

Eva: todo corazón e imaxinación…e ademais é poetisa

Alba: pura enerxía positiva e nos escenarios deixa a todos CAU

Ana: a pilingui oficial do grupo, traballando sempre na(s) sombra(s)

Mónica: simplemente ela, tanto vale para un roto coma para un descosido

Enric: o noso Charles Chaplin particular

Sandra: afeccionada aos tríos…nos escenarios, claro…quero dicir, representando…ui! hai que dicírvolo todo!

Eli: a quen lle dedicaron esa famosa canción dos 80 “Eli, Eli, Eli, Xa voooou!

Noelia: a nosa última adquisición, pero non vos deixedes enganar pola súa cara de nena boa, marcará tendencias no grupo

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑