A taberna Canto conto! abre en Sabadell

O próximo sábado 6 de novembro ás 19h ábrese a taberna Canto Conto! en Sabadell!

Convidado polo Centro Galego Nós de Sabadell o grupo Furafollas presenta os mellores espectáculos da tempada 2020-2021 no Centre Cívic Can Rull.

E por primeira vez en moito tempo, non hai que facer inscripción!.

12è Festival un Munt de mots: Movendo os marcos

Un ano máis Furafollas Agrupación Teatral colabora co festival de narración oral un Munt de Mots.

Nesta ocasión presentamos a obra “Movendo os marcos”, un espectáculo protagonizado por Blanca Cotado e Anxo Baranga e que se representou en varios lugares de Galiza durante o pasado verán cun gran éxito de participación e crítica.

É preciso facer inscrición previa nesta ligazón: https://bit.ly/movendomarcos ou escaneando o código QR que aparece no cartaz.

Furafollas: Portas abertas

Furafollas Agrupación Teatral comeza a tempada cunha xornada de portas abertas.

Non será exactamente unha actuación, senón máis ben unha festa na que atoparse, e onde haberá ocasión para falar do grupo, da súa historia, da súa maneira de crear. E, dende logo, non faltará a comida e a bebida!

Estades todas convidadas!

E ademais, nesta ocasión os beneficios da billeteira inversa e dalgunhas consumicións adicaranse a sufragar os gastos de compra de material a Biblioteca Sabela Labraña. Furafollas séntese feliz de poder colaborar neste proxecto cultural que homenaxea a vida e obra de Sabela Labraña, un exemplo de loita pola cultura e a lingua galegas, e de compromiso co país.

É preciso facer inscrición previa nesta ligazón: https://ja.cat/DOsJ5 ou escaneando o código QR que aparece no cartaz.

Canto conto! Orgullo

E para acabar esta tempada de contos e cantos, a Taberna Canto conto! volverá abrir por última vez (que non a derradeira) antes do verán. Nesta ocasión en colaboración con ANIN e Bokakalle Colectivo Acción Poética!

E sta sesión adicámola ao movemento LGTBIQ+ en conmemoración do Día Internacional do Orgullo do 28 de xuño.

E como xabedes que estades nunha taberna, poderedes comer e beber algo. Imprescindíbel vir con ganas de pasalo ben.

A sesión terá lugar o próximo 27 de xuño ás 12.30 h no Ateneu Roig.

É preciso facer inscrición previa nesta ligazón: https://ja.cat/zqUbv

Canto conto! A penúltima

Novo espectáculo de Furafollas en colaboración con ANIN!

Leva por nome “A penúltima” porque xa sabedes que nunha taberna a última non existe.

E como se trata dunha taberna, poderase beber e comer algo, e será unha sorpresa o que suceda…

A sesión terá lugar o próximo 6 de xuño ás 12.30 h no Ateneu Roig.

É preciso facer inscrición previa nesta ligazón: https://ja.cat/t1Nun

Canto conto! Revolução

Novo espectáculo de Furafollas en estreita colaboración con ANIN e tamén con Míriam Dida e Mijael Bello! Desta vez conmemoramos a Revolución democrática de Portugal con diversas actividades de teatro, contos e música.

A sesión terá lugar o próximo 25 de abril (día da Revolución dos Caraveis) ás 12.30 h no Ateneu Roig.

É preciso facer inscrición previa nesta ligazón: https://ja.cat/ef5Rc

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑