As galegoescolas

Performance de Furafollas Agrupación Teatral na concentración organizada, por Defensem la llengua gallega, o 17 de maio de 2009 nas Rambles de Barcelona. Ironizábase sobre os posibles cambios que poderían sufrir as “galegoescolas”, hoxe xa desaparecidas na oferta educativa galega.

Paremos o decretazo do PP contra o galego

Presentación en Barcelona do libro 55 mentiras sobre a lingua galega o vindeiro venres 5 de febreiro ás 20:30 no Centro Galego de Barcelona, co apoio de entidades galego-catalanas.

A plataforma Prolingua, en colaboración coa plataforma Defensem la llengua gallega, organiza en Barcelona un acto co que pretende demostrar o seu rexeitamento á implantación dun novo decreto que regula o emprego do galego no ensino público de Galiza, impulsado polo actual goberno do PP na Xunta de Galicia. Rexeitamento que é compartido por máis de 50.000 persoas que secundaron a folga xeral do pasado 21 de xaneiro de 2010 en Compostela.

As bases deste novo decreto establecen que as materias do ensino público obrigatorio sexan impartidas en galego, castelán e lingua estranxeira nunha porcentaxe dun 33% cada unha. Ademais establece que sexan os pais ou titores (e non os poderes públicos como establece a Constitución) os que cada 4 anos decidan cales serán as materias que se impartirán en galego, castelán e lingua estranxeira.

Neste acto preténdese mostrar e debater os diversos aspectos conflitivos deste novo decreto que responden a compromisos electorais de imposible cumprimento no marco legal vixente, contribuíndo a perpetuar a situación de desigualdade na que se encontra a lingua propia de Galiza, máis que a un intento de mellorar o proceso de aprendizaxe con fundamentos pedagóxicos, como demostra o informe exhaustivo e crítico realizado pola Real Academia Galega.

O acto de presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega. Análise dos prexuízos que difunden os inimigos do idioma (Editorial Laiovento) terá lugar no Centro Galego de Barcelona o venres 5 de febreiro ás 20:30, interveñen Pere Comellas (especialista en plurilingüismo e profesor da UB), Sabela Labraña (especialista en sociolingüística e profesora da UB), Xiana Díaz (representante de Defensem la llengua gallega) e Paulo Filgueiras (especialista en normalización lingüística e profesor da UAB).

O libro será presentado ao mesmo tempo nas principais cidades e vilas galegas, en diversas cidades do Estado español e nun importante número de cidades do mundo como Lisboa, Londres, París, Nova York, Bruxelas, Tel Aviv, Cork, Bos Aires ou Copenhagen.

A plataforma Defensem la llengua gallega está composta por diversas entidades galegas e catalanas que se poden consultar aquí.

Máis información:
http://defensemlallenguagallega.blogspot.com
http://prolinguagalega.org/
http://www.realacademiagalega.org/

Visita cultural pola Barcelona romana

Furafollas participará coas súas performances na visita cultural organizada polo Centro Galego de Barcelona: “De Barcinio a Barcelona”. Trátase dun percorrido a pé pola Barcelona romana, coas inmellorables explicacións do antropólogo Vítor Cabral e a colaboración artística de Furafollas Agrupación Teatral.

Venres 29 de xaneiro ás 19:00h
Saída dende a sala Julio Prieto do Centro Galego de Barcelona (Ramble Caputxins 35-37).
Máis información aquí

Video resume Revolução

“Revolução” é unha homenaxe de Furafollas á Revolução dos cravos de Portugal, exemplo de como facer unha revolución sen pegar un tiro e cambiar as estructuras sociais dun pais.

Alberte Montes + Not Just Jazz

Actuación do noso monologuista galego-catalán máis querido, Alberte Montes, acompañado do grupo musical “Not Just Jazz”.

Os sábados 21 e 28 de novembro ás 18h,

no Café Teatre Llantiol (Carrer Riereta 7, Barcelona)

Máis información aquí

Hoxe actuación de Revolução

Un billete de metro ou autobús……….. ……… ……… ……… … 0, 80 cénts
Unha caña na cafetería do Espai Jove Boca Nord……….2 euros

Unha entrada para ver a obra Revolução………… ……… …0 euros
Divertirse e pasar un bo anaco……. ……… ……… ……… Non ten prezo

Hai cousas que non se poden pagar con diñeiro e que só se viven con Furafollas Agrupación Teatral

Agardámosvos!

Revolução – Hoxe, 23 de outubro, ás 21:30 no Espai Jove Boca Nord

Encantacontes no CGB

O grupo de monologuistas galego-cataláns “Encantacontes” actuarán mañá sábado 24 no Centro Galego de Barcelona, ás 19:00h.

Se queredes máis información consultade a web do CGB.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑