Furafollas Indignad@s

Furafollas Agrupación Teatral apoia sen fisuras este gran movemento de indignación e renovación democrática, e pregúntase:

Quen move os fíos do capitalismo global?

Que papel ten a clase media?

Que está pasando nas prazas con tanta multitude indignada?

Este venres día 27 de maio ás 18h en Plaça Catalunya ensaio aberto e público para preparar a performancia “El Castell del Capitalisme”, o si ho preferiu “Qui mou el món?”

E agora pasa un tren

Roberto é un neno namorado dos trens eléctricos que, aos poucos, o seu pai lle vai traendo da capital. Os pais déronlle un cuarto para que arme alí o seu mini-mundo ferroviario. E alí o ten, é o Liliput do cuarto de riba. Como acaba Roberto e os seus trens?
O Estrella de Galicia foi un tren que durante moitos anos carrexou persoas entre Galiza e mais Catalunya. Neses vagóns, nesas longas noites mangados de historias inzaron asentos e conversas.
O libro E agora pasa un tren, de Lito Caramés (BiblosClube) mostra 20 relatos que teñen o tren como protagonista principal, xa de maneira realista, xa unha miga máis fantástica.
O día 9 de decembro de 2010 presentouse o libro no centro cultural da Deputación de Ourense, a carón da COFEPO (Colección Fernández Pacheco Outeiriño), que é a colección de trens a escala máis grande de todas as expostas en Europa.

Tanto gusto!

Queremos que nos coñezades, por iso faremos nesta entrada un percorrido rápido polos membros que agora están en activo no grupo. Na foto se queredes podedes vernos as caras.

Furafollas

 

Anxo: o director que non é director, pero mandar manda moito

Xepe: o secretario, que te sabe idiomas eh!, neno

David: o tesoureiro, xa se lle ven na foto as gañas que ten de saír correndo cos cartos berrando “flipín!”

Lito: famoso pola frase “Masturbémonos tod@s. Palabra de Kinsey”

Eva: todo corazón e imaxinación…e ademais é poetisa

Alba: pura enerxía positiva e nos escenarios deixa a todos CAU

Ana: a pilingui oficial do grupo, traballando sempre na(s) sombra(s)

Mónica: simplemente ela, tanto vale para un roto coma para un descosido

Enric: o noso Charles Chaplin particular

Sandra: afeccionada aos tríos…nos escenarios, claro…quero dicir, representando…ui! hai que dicírvolo todo!

Eli: a quen lle dedicaron esa famosa canción dos 80 “Eli, Eli, Eli, Xa voooou!

Noelia: a nosa última adquisición, pero non vos deixedes enganar pola súa cara de nena boa, marcará tendencias no grupo

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑