Furafollas Agrupación Teatral marcha do Centro Galego de Barcelona

Despois de catro anos de colaboración co Centro Galego de Barcelona (CGB), Furafollas vese obrigado a marchar, tras comprobar neste último ano, que a nova Xunta Directiva do CGB é incapaz de integrar as diferentes sensibilidades culturais de tódolos socios. O CGB converteuse nun lugar ermo para proxectos culturais galegos.
O futuro do CGB como o futuro de Galiza está na mocidade, na súa vitalidade e na súa capacidade de crear.
Furafollas espera que cambien os tempos e volva con eles o sentidiño aos dirixentes do CGB.

Espectáculo para grandes e pequenos: Malababa

MALABABA

Castell del capitalisme (continuamos)

Seguimos representando a nosa performance por Plaça Catalunya.

Queres ver algunhas fotos? Preme nas miniaturas de abaixo

El castell del capitalisme (CaCa)

Furafollas Agrupación Teatral recolza totalment el moviment d’indignació ciutadana sorgit el 15 de maig a Catalunya, Galícia, l’Estat Espanyol i resta del món, i vol contribuir amb aquesta performància a denunciar les desigualtats del capitalisme ultraneoliberal i el segrest de la democràcia.

“Si bufem tots ella caurà,
i molt de temps no pot durar,
segur que tomba, tomba, tomba,
ben corcada deu ser ja.
I si jo bufo fort per aquí,
i si tu bufes fort per allà,
segur que tomba, tomba, tomba,
i ens podrem alliberar”

Lluís Llach (adaptació de Furafollas)

Delito de silencio
Delito
de silencio.
Tenemos que convertirnos
en la voz
de la gente
silenciada.
En la voz
que denuncia,
que proclama
que el hombre
no está en venta,
que no forma parte
del mercado.
En la voz
que llegue fuerte y alto
a todos los rincones
de la tierra.
Que nadie
que sepa hablar
sigua callado.
Que todos los que puedan
se unan
a este grito.

Federico Mayor Zaragoza

Castell del capitalisme

Grazas, Furafollas, polo compromiso, pola rabia feita teatro, pola esperanza brutal nun futuro mellor neste día de indignación extrema. Que ninguén que saiba falar, siga calado. Delito de silencio.

Sábado 28 de maio ás 11,30 h. na Rambla do Raval continúan os ensaios-actuacións do “Castelo do Capitalismo (KaKa)”, depois iremos ata a plaça dels Àngels, e a continuación na plaça de Catalunya / de la Dignitat.

Furafollas Indignad@s

Furafollas Agrupación Teatral apoia sen fisuras este gran movemento de indignación e renovación democrática, e pregúntase:

Quen move os fíos do capitalismo global?

Que papel ten a clase media?

Que está pasando nas prazas con tanta multitude indignada?

Este venres día 27 de maio ás 18h en Plaça Catalunya ensaio aberto e público para preparar a performancia “El Castell del Capitalisme”, o si ho preferiu “Qui mou el món?”

E agora pasa un tren

Roberto é un neno namorado dos trens eléctricos que, aos poucos, o seu pai lle vai traendo da capital. Os pais déronlle un cuarto para que arme alí o seu mini-mundo ferroviario. E alí o ten, é o Liliput do cuarto de riba. Como acaba Roberto e os seus trens?
O Estrella de Galicia foi un tren que durante moitos anos carrexou persoas entre Galiza e mais Catalunya. Neses vagóns, nesas longas noites mangados de historias inzaron asentos e conversas.
O libro E agora pasa un tren, de Lito Caramés (BiblosClube) mostra 20 relatos que teñen o tren como protagonista principal, xa de maneira realista, xa unha miga máis fantástica.
O día 9 de decembro de 2010 presentouse o libro no centro cultural da Deputación de Ourense, a carón da COFEPO (Colección Fernández Pacheco Outeiriño), que é a colección de trens a escala máis grande de todas as expostas en Europa.