Á abordaxe! As mulleres ao poder!
Por primeira vez na historia do noso grupo de teatro, as mulleres somos maioría!
Por iso non podiamos esquecer o 8 de marzo: día da muller.
Desta vez Furafollas libera o seu lado máis salvaxe coas Bucaneras BucaNord, as verdadeiras piratas do Caribe…digo… Mediterráneo.
Coas súas armas máis eficaces: o riso e a imaxinación, arrasarán na loita de escritoras que o vindeiro 13 de marzo se montará no Parc de les aïgues.
Cada asociación participante tratará de convencer ao público de que a súa escritora homenaxeada é a máis interesante… pero ti, lector/a, sabes que a mellor é a que nós representamos: a escritora galega María Rei Món 10.
Sábado 13 de marzo
Jardins d’Hiroshima no Parc de les Aïgues
A partir das 12:30h