Actuación do noso furafollas máis internacional: Alberte Montes, un tipo normal, agás polo de falar só e merendar “pancheos” de xamón cocido con nocilla. Polo demais, é un tipo do máis normal… Aínda que neste espectáculo volva dar mostras de todo o contrario.
Co seu estilo desenfadado e explosivo, falaranos de temas propios e de tod@s. Historias nas que te verás identificado, contadas dende a óptica deste galego-catalán, que descubriu que os Reis eran os pais con tan só 16 anos! Sen dúbida un avanzado ao seu tempo!
Sábados ás 18:00h
Teatre Llantiol
Riereta, 7 – Barcelona
Metro liña 2 (Sant Antoni) e liña 3 (Liceo).
Deixar unha resposta