Paremos o decretazo do PP contra o galego

Presentación en Barcelona do libro 55 mentiras sobre a lingua galega o vindeiro venres 5 de febreiro ás 20:30 no Centro Galego de Barcelona, co apoio de entidades galego-catalanas.

A plataforma Prolingua, en colaboración coa plataforma Defensem la llengua gallega, organiza en Barcelona un acto co que pretende demostrar o seu rexeitamento á implantación dun novo decreto que regula o emprego do galego no ensino público de Galiza, impulsado polo actual goberno do PP na Xunta de Galicia. Rexeitamento que é compartido por máis de 50.000 persoas que secundaron a folga xeral do pasado 21 de xaneiro de 2010 en Compostela.

As bases deste novo decreto establecen que as materias do ensino público obrigatorio sexan impartidas en galego, castelán e lingua estranxeira nunha porcentaxe dun 33% cada unha. Ademais establece que sexan os pais ou titores (e non os poderes públicos como establece a Constitución) os que cada 4 anos decidan cales serán as materias que se impartirán en galego, castelán e lingua estranxeira.

Neste acto preténdese mostrar e debater os diversos aspectos conflitivos deste novo decreto que responden a compromisos electorais de imposible cumprimento no marco legal vixente, contribuíndo a perpetuar a situación de desigualdade na que se encontra a lingua propia de Galiza, máis que a un intento de mellorar o proceso de aprendizaxe con fundamentos pedagóxicos, como demostra o informe exhaustivo e crítico realizado pola Real Academia Galega.

O acto de presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega. Análise dos prexuízos que difunden os inimigos do idioma (Editorial Laiovento) terá lugar no Centro Galego de Barcelona o venres 5 de febreiro ás 20:30, interveñen Pere Comellas (especialista en plurilingüismo e profesor da UB), Sabela Labraña (especialista en sociolingüística e profesora da UB), Xiana Díaz (representante de Defensem la llengua gallega) e Paulo Filgueiras (especialista en normalización lingüística e profesor da UAB).

O libro será presentado ao mesmo tempo nas principais cidades e vilas galegas, en diversas cidades do Estado español e nun importante número de cidades do mundo como Lisboa, Londres, París, Nova York, Bruxelas, Tel Aviv, Cork, Bos Aires ou Copenhagen.

A plataforma Defensem la llengua gallega está composta por diversas entidades galegas e catalanas que se poden consultar aquí.

Máis información:
http://defensemlallenguagallega.blogspot.com
http://prolinguagalega.org/
http://www.realacademiagalega.org/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

A %d blogueros les gusta esto: