Xornadas Culturais de Primavera (Córgomo)

Facendo honor ao noso nome, estamos que non paramos e como ben predicaba Moisés mentres cruzaba as augas do Mar Vermello: “Hai que moverse ou morrer”.

A unión non sempre fai a forza, por iso nesta semana os furafollas dispersámonos entre Galiza e Barcelona. O sábado, Tango Maxistral no Centro Galego de Barcelona. En Córgomo (Valdeorras), Xornadas Culturais de Primavera (do 18 ao 22 de marzo), organizadas pola Asociación Florencio Delgado Gurriarán e Furafollas Agrupación Teatral.

corgomo

O noso enviado super especial, Anxo Baranga, fálanos dalgunhas das actividades que se están facendo:

  • Taller “creación de actores”, atende á expresión oral e corporal, así como á improvisación, movemento e dinámica de grupos.
  • Taller “expresión plástica no teatro”, no que se realizan actividades de escenografía e creación de máscaras.
  • Roteiro poético Florencio Delgado Gurriarán
  • Excursión pola toponimia
  • Folión de Trives, festa polas rúas de Córgomo
  • E varias representacións teatrais
Advertisements

Acerca de furafollas
Furafollas Agrupación Teatral é un espazo aberto ás comunidades galega e catalana, no que os seus integrantes traballan co gallo de proxectaren as súas inquedanzas artísticas. O noso principal obxectivo é promover e divulgar a cultura galega e catalá a través da expresión teatral; porén nas nosas performance teñen cabida outras artes como a música, a plástica… Todo o que a nosa imaxinación permita. * Furafollas leva trece anos facendo teatro galego en Barcelona. Entre as nosas montaxes podemos destacar: a) “Circo na Rúa” (produción propia). Espectáculo para público de 2 a 90 anos b) “A máquina do Sr. Malagaita” (produción propia). Espectáculo antibelicista para cativos e adultos acompañados. c) “Estrama” (de Raúl Dans). Drama rural ambientado no agro galego. Unhas terras que se venden e unha pedra que sinala a demarcación en venda. Unha pedra que sinala tamén os niveis de tolerancia humana. d) “Don Chapapote” (produción propia). Don Chapapote é o dono de todo o chapapote das praias de Galicia e de todo o mundo * pero ten medo que o seu antigo amigo americano George Bush lle faga un ataque preventivo para roubarlle o seu prezado alcatrán. e) “Qui mou el mon?” (produción propia). Unha denuncia aos abusos económicos sobre os países subdesenvolvidos e á globalización baseada no rendemento do capital. f) “¡¡Llasforafu!!” (produción propia). Unha explicación alternativa da creación do mundo. g) “Troleiros da Provença” (produción propia). Unha encrucillada de xentes que aman os contos e que queren contar e escoitar historias recuperadas da noite dos tempos. h) “Historias no Raval”(2009). Ciclo de contos de diferentes autores cataláns e galegos invitados polos Furafollas. Tódolos meses unha historia diferente no Centro Galego de Barcelona (CGB)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: